 |
 |
 |
 |
|
- Como podo saber quen cita un traballo que me interesa?
- Entrando na ficha da referencia en cuestión
aparecen dous recadros na parte dereita da mesma, o primeiro remite
aos traballos que se citan, e o segundo recolle os estudos nos que
aparece citado. O que Vde. busca é o segundo, no que atopará unha
relación dos traballos incluídos en BiRMED que citan esa referencia
(v. Manual de usuario). Lembre, de todos modos, que só existe esta opción para traballos publicados a partir do ano 2003.
- Que debo facer para buscar na base manuais ou antoloxías?
- A busca de antoloxías e manuais, xunto cos
glosarios e recensións, deberase facer seleccionando "En
todo o documento" e introducindo as palabras manual ou antoloxía.
- Como debo facer para localizar bibliografía sobre un trobador en particular?
- Introducindo o número do trobador correspondente do corpus da Lírica
profana galego-portuguesa (por exemplo, 25, se busca a D. Denis) co selector "Nas palabras clave".
- Como seleccionar a bibliografía sobre prosa ou Cantigas de Santa María?
- Introducindo co selector "Nas palabras clave" (combinábeis con outros filtros) Prosa ou CSM obterase o listado correspondente.
- É posíbel facer procura de palabras con representación da nasalidade nunha vogal?
- Para localizar referencias que conteñan algunha
representación de nasalidade debe introducirse o termo sen
diacríticos e a aplicación devolverá todos aqueles rexistros que conteñan
esa palabra, tanto co signo da nasalidade como sen el. Por exemplo,
se quero buscar no campo "Título" o libro Lições de
literatura portuguesa, de Lapa, podo introducir liçoes e
obterei dito resultado.
- Preciso localizar nos títulos dos traballos nomes que conteñan un apóstrofo.
- Cando se dá a combinación de palabras unidas por apóstrofo é preciso introducir entre ambas, sen espazos, dous apóstrofos. Por exemplo: Se busco nun dos campos "Afons' Eanes", debo introducir Afons''Eanes.
|
|
 |
 |
 |
 |
|
|
|